CaixaBank cofinanciará o «A flote»

Compartir

O programa municipal de emerxencia social «A flote» contará cunha achega de 10.000 euros gastos básicos que as familias coruñesas en situación grave de exclusión non poden afrontar, tanto en gastos domésticos como escolares, a cargo de CaixaBank. Ese é o acordo recollido no convenio asinado hoxe pola concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o delegado territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Manuel Barreiro, na sede da Fundación Emalcsa. No acto tamén participaron o responsable de acción social en Galicia de CaixaBank, Gonzalo Balseiro, e o director xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar.

Yoya Neira declarouse «moi satisfeita» pola ampliación das liñas de cooperación entre a firma e o concello, unha colaboración que a edil confía en fortalecer e facer máis fluída no futuro. «A flote» concedeu en 2019 máis de 400 subvencións, a maioría vinculadas a alugueiros,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *