O PP tende a man para unha liña de emerxencia de axudas sociais

Compartir

«Todo o seu apoio ao Goberno municipal». Con estas palabras, o PP fixo público ohoxe o seu ofrecemento ao Concello para facilitar «a adopción de todas as medidas necesarias para afrontar a loita» contra a expansión do coronavirus COVID-19 e «ir activando mecanismos de compensación e estímulo para unha economía en apuros». O portavoz do PP, Roberto Rodríguez, púxose en contacto coa alcaldesa, Inés Rey, «para analizar a evolución das medidas» aplicadas na Coruña e ofrecer a axuda do PP «en todo aquilo que sexa necesario para afrontar a delicada situación actual».

O PP pon así á disposición do Goberno local «os seus votos de ser necesario» para garantir «a posta en marcha dunha liña municipal de axudas sociais e económicas para as familias, as persoas máis vulnearables, os autónomos, as pemes e os traballadores por conta allea, co fin de paliar os posibles efectos» que as medidas preventivas derivadas do estado de alarma poidan ocasionar.

Os populares tamén apoiaron a creación dunha Comisión de Seguimento proposta pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) «como ferramenta para canalizar as actuacións, a información e a colaboración de todos os grupos municipais». Esta comisión estaría formada pola alcaldesa, concelleiros, o xefe da Policía Local, o responsable dos servizos de Emerxencia e Protección Civil e mais os efes dos servizos municipais.

Por último, o PP anima á cidadanía a sguir as instrucións administrativas e sanitarias para evitar o contaxio «e volver á normalidade o antes posible».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *