Fiscalidade: o PP aposta por conxelar as arcas públicas

Compartir

O PP da Coruña solicitou esta mañá a convocatoria dun Pleno extraordinario para abordar a exención do pagamento de taxas durante todo o ano que vén a aqueles negocios pechados ou que vaian pechar a causa da pandemia. Os populares apostan por reducir os ingresos da administración e piden que non se lles cobren taxas como lixo, alcantarillado, depuración ou vaos. A portavoz do PP, Rosa Gallego, lamentou a «propaganda» e as «pelexas internas» do Goberno local, un día despois de quue este anunciase rebaixas e moratorias nas taxas de lixo da hostalería.

Os populares cualifican este último anuncio como unha «tomadura de pelo» xa que «o único que fai é corrixir un erro por pasarlles a cobro un recibo que dixeron en xuño que non pasarían». Rosa Gallego volveu defender que «a ingresos cero, impostos cero» debe ser o lema da fiscalidade municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *