O PP esixe ao CSD pór fin á persecución do Deportivo

Compartir

O Partido Popular da Coruña dirixuse hoxe aos medios para declarar que considera «urxente que la máxima autoridade deportiva -o Consello Superior do Deporte- active, como pide o RC Deportivo, os mecanismos necesarios para inhabilitar a Javier Tebas, responsable confeso do esperpento». Os populares lamentaron «o espectáculo que está a dar a LFP», que identifican coa «fobia interesada do seu presidente por motivos persoais cara ao club coruñés, a súa afección e a cidade que o respalda».

O PP expresou igualmente todo o seu apoio ao capitán, Álex Bergantiños, e reclamou responsabilidades ante a «baixeza e ruindade» da denuncia que «a instancias da propia Liga ocasionou que a Policía interrogase nas súas dependencias a un futbolista exemplar».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *