O PP critica as medidas municipais de mobilidade

Compartir

O PP preguntará ao Goberno local no vindeiro pleno pola posta en marcha de medidas de mobilidade «sen consensuar» coa veciñanza e cos comerciantes. Os populares manifestan ter detectado «preocupación» e «sorpresa» entre os afectados polo que cualifican de «improvisación de medidas impostas nalgunhas rúas que non poden entenderse como peonalizacións por non recuperar espazos de calidade». O PP considera que a forma de proceder do Goberno local xera «polémicas e enfrontamenos», malia o que aseguran apoiar a mobilidade sostible.

O Grupo Popular preguntará ao Goberno local se prevé ampliar o prazo para que os locais de hostalería instalen terrazas de forma provisional en prazas de estacioamento cando non é posibel na beirarrúa, medida que finaliza o vindeiro día 15.

Ademais, os populares reclaman coñecer as medidas sobre COVID-19 na Policía Municipal, onde aseguran que hai «preocupación pola falta de información e de actuacións de desinfección logo do positivo dun axente».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *