O Observatorio Urbano monitorizará a situación da cidade logo da pandemia

Compartir

Planificar estratexicamente as actuacóns municipais na cidade para afrontar mellor as consecuencias da pandemia de COVID-19. Ese é o obxectivo declarado do Observatorio Urbano que a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá. Esta ferramenta estudará cuestións ambientais, sociais, de mobilidade ou de acceso á vivenda, entre outras, para deseñar e implementar políticas acordes.

Neira explicou que o Observatorio medirá o grao e o ritmo de execución dos distintos plans municipais nunha aposta por adaptar o sistema á realidade actual. Ata agora contémplanse 142 indicadores e espérase incluír 200 máis co fin de obter unha fotografía clara e precisa da situación coruñesa.

O Concello prevé crear unha web exclusiva do Observatorio de Sustentabilidade Urbana, que integrará todos os aspectos da de igualdade e da diversidade: «Os obxectivos están en poder medir a situación da cidade, lonxe de valoracións subxectivas e utilizarmos os datos para xerar informes e consultas e que teñamos información actualizada atendendo aos diferentes perfís», sinalou a edila. Aclarou que a planificación das políticas será a medio e longo prazo, de xeito que se poida comprobar se con elas se acada o impacto desexado en función das cifras obtidas.

Resposta social
Grazas ao Observatorio podera avanzarse no mapa de inclusión anunciado, ao coñecer o perfil que hai detrás das axudas por barrios, sexo, idade e nacionalidade. Do mesmo modo, contabilizarán a demanda de prazas nas residencias da terceira idade e nos centros de día e cruzarán datos relacionados coa violencia de xénero: «Atopámonos no punto de partida dun observatorio polo que teñen que avanzar as cidades modernas e sustentables», sinalou Yoya Neira. Este instrumento de xestión social terá unha parte de financiación europea. Neira recalcou que os datos responden a series temporais de 20 anos, desde o 2000, e que a novidade permitirá saber como a COVID-19 afecta a determinadas tendencias. Desde o concello comprométense a elaborar políticas que «nos axuden a superar o antes posible as consecuencias deste estado de alarma».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *