O medio maratón máis veloz

Compartir

O keniano Hosea Kiplimo bateu un record na duodécima edición do medio maratón C-21ao superar a proba cun tempo de 1h2:30, o rexistro máis baixo da historia da carreira. A española Mónica Gutierrez cruzou a liña de meta en 1h13:37. A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, participaron na entrega de premios da carreira.

A media maratón congregou preto de dous mil deportistas entre as 10.00 e as 12.30 horas. O percorrido da proba, organizada pola Concellería de Deportes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, partiu dende o Obelisco ata a Dársena de Oza e dende alí ata a rotonda das Ánimas, no dique de abrigo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *