O Goberno local pide calma

Compartir
Intervención de desinfección no centro cívico de Feáns, o primeiro gromo de COVID-19 na Coruña, en marzo

O voceiro do Goberno local, Xosé Manuel Lage Tuñas, compartiu hoxe unha mensaxe de tranquilidade coa cidadanía ante o aumento de contaxios da COVID-19 na área sanitaria. Lage sinalou que a Xunta non adoptou aínda ningunha medida nova malia que a alcaldesa, Inés Rey, se atopa «en permanente contacto» co Goberno galego. Lage Tuñas envía así «unha mensaxe de tranquilidade» pero entende «a lóxica preocupación das veciñas e veciños nunha pandemia que nin desapareceu nin reimitiu».

«Se houber novas medidas por parte da Xunta de Galicia, desde o Concello da Coruña informarase a poboación con total transparencia a través das canles oficiais», engadiu o voceiro, que indicou que a Xunta está a avaliar a situación.

Desde o Goberno local queren saír ao paso das mensaxes que «están circulando polas redes sociais», que o único que fan é espertar a intranquilidade da poboación e xerar unha alarma que por agora non foi transmitida polas autoridades competentes», critica Lage Tuñas. Recorda que ata agora «a Xunta non nos informou de ningún tipo de decisión» e, se o fixese, «o Concello da Coruña informará a poboación con total transparencia a través das canles oficiais». Pide non adiantar «ningunha medida»

O voceiro asegura que o traballo de cooperación Xunta-Concello está a facerse «desde a prudencia e a tranquilidade, sen lle suscitar maior preocupación á poboación da que xa temos todas e todos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *