O Dépor-Las Palmas, accesible para invidentes

Compartir

Riazor comprométese coa accesibilidade. O proxecto Escoita, desenvolvido polo deportivista Jesús Suárez, procurará que as persoas con discapacidade visual poidan gozar dos eventos deportivos como calquera espectador. Este proxecto pioneiro para os eventos deportivos botará a andar no partido do sábado contra Las Palmas, que comezará ás 18:15h. É o resultado de meses de traballo e probas piloto.

Escoita funciona a través de dispositivos PMR (redes de radiocomunicacións privadas) e coa axuda de locutores de audio descrición que narran os partidos desde a cabina do Estadio a aqueles afeccionados con problemas de visión, que deste xeito poden sentir toda a emoción do partido en igualdade de condicións do resto de seareiros do Dépor. O dispositivo Escoita pode ser solicitado mediante un correo electrónico a asistide@rcdeportivo.es, para xestionar a entrega e recollida de dispositivos antes e despois do partido.

Con este proxecto, o RC Deportivo reitera o seu desexo de conseguir un estadio de accesibilidade plena, dentro dos proxectos de inclusión que desenvolve xunto a asistiDE ou Destino Dépor. No desenvolvemento do Escoita colaboraron o Concello da Coruña, a Fundación do Real Club Deportivo, a ONCE, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a Universidade da Coruña e a Facultade de Ciencias da Comunicación, así como outros medios locais do ámbito da prensa escrita, radiofónica e de televisión.

Grazas ao impulso da Concellaría de Deportes do Concello da Coruña o proxecto materialízase desde esta fin de semana. No futuro ampliarase a outros eventos como os partidos do Deportivo Liceo ou o Básquet Coruña no Palacio dos Deportes de Riazor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *