O Dépor feminino, preparado para debutar en Riazor

Compartir

O Deportivo feminino encara mañá martes 11 de febreiro ás 20h sen baixas o choque de oitavos de final de Copa da Raíña, a partido único, ante o Valencia CF Femenino en Riazor. Será a primeira vez que xogue no icónico estadio deportivista.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a 18 futbolistas para o debut nunha competición á que o técnico deportivista e o cadro branquiazul dan toda a importancia. O equipo adestrouse esta tarde nunha última sesión preparatoria, que concluíu minutos antes que o conxunto levantino iniciase a súa tamén en Abegondo.

Bufanda para os primeiros 5.000 asistentes
Para conmemorar este primeiro partido feminino en Riazor, regalaranse 5.000 bufandas aos primeiros deportivistas que accedan ao Estadio. As bufandas repartiranse ata fin de existencias entre as 4 bancadas habilitadas para o partido.

Por outra banda, están á venda as entradas solidarias a 2 euros para o encontro, cantidade que se doará, integramente, á Cociña Económica da Coruña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *