Houbo ocultación de casos, di o CSD

Compartir

Logo de horas de silencio, o Consello Superior do Deporte emitiu un comunicado esta tarde onde defende a súa actuación e apunta cara ao CF Fuenlabrada e La Liga pola cadea de erros que desenvocou na viaxe á Coruña de xogadores infectados de COVID-19 e posterior suspensión do partido do Dépor -sen que se anulase o conxunto da xornada-.

O CSD sinala que a Liga e mais o club tiveron coñecemento do primeiro positivo na noite do sábado 18, sen que se procedese a comunicalo ás autoridades sanitarias. O domingo á noite xa se coñecían outros tres positivos, polo que oficialmente podía considerarse un abrocho de coronavirus (a partir do terceiro) e o feito de non comunicalo ás autoridades competentes non ten xustificación. O CSD lembra que o protocolo obriga a realizar probas ao resto de persoal do equipo, que debería permanecer illado ata obter os resultados. Esta afirmación significa que a viaxe á Coruña non podía terse producido.

O Consello defende a súa decisión de anular o partido do luns -o que practicamente supuña o descenso automático do Deportivo á Segunda B- coa información con que contaba naquela altura.

No comunicado, o CSD acusa ao Fuenlabrada de pór «en risco a saúde dos xogadores, a saúde pública e a competición no seu conxunto». Por iso esixe á Liga e á RFEF que estuden o caso e apliquen «as medidas que consideren oportunas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *