O Concello acelera coa Intermodal

Compartir

O Goberno local vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o «Proxecto terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña-San Cristovo» co obxectivo de axilizar a tramitación do proxecto da Estación Intermodal. Faino logo de que a Consellería de Infraestruturas da Xunta o requirise para continuar co proxecto e integralo do de San Cristovo.

Este informe municipal sométese así a trámite de información pública durante vinte días. Calquera persoa pode, entre o 6 e 26 de marzo, formular alegacións. A consulta da documentación pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres; no apartado de exposición pública da web de Urbanismo https://www.coruna.gal/urbanismo/gl/informacion-e-normativa/exposicion-publica; ou ben na sede electrónica do concello: https://sede.coruna.gob.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *