O Concello pelexa por permanecer no caso Fuenlabrada

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, confirmou esta mañá que o  Concello recorreu a decisión do xuíz do Xulgado Número 6 da Coruña que exclúe do caso Fuenlabrada ao Concello e ao Deportivo da Coruña ao aceptar o recurso presentado pola liga e considerar que non foron prexudicados. O Concello, sinalou alcaldesa, solicitará seguir presente na causa aberta contra o club madrileño.»Os servizos xurídicos do Concello xa presentaron o recurso fronte a esta decisión;  evidentemente respectamos todas as decisións  xudiciais, pero esgotaremos todas as vías en defensa daos intereses da posición do Concello da Coruña», dixo.

A alcaldesa reafirmouse unha vez máis nas declaracións feitas hai un ano: «Ceo que se puxo en risco a unha cidade ao decidir viaxar cun equipo que tiña persoas contaxiadas de Covid 19 incumprindo os protocolos sanitarios, e o labor do Concello naquel momento, a nosa obriga, era protexer a saúde de toda a cidadanía a así o fixemos, e así o seguiremos defendendo até o final».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *