Aprazada a Copa do Rei e da Raíña de Patinaxe

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, informou sobre o posible foco de coronavirus na cidade, concretamente no Centro Cívico de Feáns, onde esta mañá se procedeu á desinfección. Sobre esta fumigación, na que se utilizaron produtos seguros e permitidos pola Axencia Española do Medicamento, Rey sinalou que «o centro cívico está pechado xa que está a traballar nel a empresa especializada en control de pragas e fumigación e abrirase cando as autoridades sanitarias dean autorización para facelo».

A alcaldesa explicou que o concello está mostrando unha cooperación institucional máxima e absoluta coas autoridades sanitarias xa que «se están a seguir estritamente as indicacións que se nos transmiten desde o Sergas, a consellería e o Ministerio de Sanidade».

Desde o Concello, e respecto ao peche de centros públicos na cidade, a rexedora informou de que «non se van tomar decisións unilaterais que poidan alarmar a poboación ou que non sexan necesarias» e que «neste momento», arredor das 13.00 h, «non está previsto» o peche de ningún centro público na Coruña.

Por outra banda, a Federación Española de Patinaxe comunica que se apraza a copa do Rey e da Raíña, que se ía disputar no Palacio de Deportes da Coruña do 19 ao 22 de marzo.

Ademais, informouse de que as dúas próximas xornadas de Liga xogaranse a porta pechada. Deste xeito, o partido do Deportivo da Coruña que xogaría este sábado en Riazor contra o Xixón tamén se disputará sen público.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *