O Concello de A Coruña apostará polo deporte ao aire libre coa iniciativa «Coruña en forma»

O Concello de A Coruña apostará polo deporte ao aire libre coa iniciativa «Coruña en forma»
Compartir

A Coruña aposta forte polo deporte ao aire libre este verán. O Concello está a poñer en marcha unha iniciativa, «Coruña en forma», que abogará pola práctica de actividades nas diferentes rúas e parques da cidade. O programa xorde, como explica a Consellería de Deporte, pola demanda dos veciños e das Escolas Deportivas Municipais, que viron as súas actividades suspendidas por mor do COVID-19 e as restriccións.

A iniciativa nace cun carácter aberto: será de balde, non fará falta cita nin inscripción previa e estará adaptado a todas as idades. Só estará limitado polas normativas sanitarias pertinentes: nun principio, cada actividade poderá acoller ata a 15 persoas. Aínda que se revisará co paso dos días para ver se hai que cambiar este aforo.

Mónica Martínez, conselleira de Deporte, explicou que consideraba este proxecto como unha boa oportunidade para promover hábitos de vida saludables entre a cidadanía, o abandono do sedentarismo -multiplicado pola crise sanitaria-, etc. Así, moitos espazos públicos da cidade contarán durante os meses de verán con instalacións deportivas e con profesionais formados para axudar aos interesados

Coruña en forma cobrará vida este mesmo domingo 11 de xullo. Hai programadas actividades como taichí, ximnasia aeróbica, ioga, pilates, rutas en patíns, paseos a pé… Algúns dos lugares da cidade nos que se levarán a cabo estas actividades son o parque de Vioño, o Barrio das Flores, o parque de Eirís ou a praia de Riazor, entre outros. Pódense consultar todas as actividades, as datas e os lugares na páxina do Concello.