O Centro Cívico dos Mallos acollerá persoas sen fogar durante a vaga de frío

O Centro Cívico dos Mallos acollerá persoas sen fogar durante a vaga de frío
Compartir

As persoas sen fogar do municipio poderán acubillarse dende as 20h de hoxe no Centro Cívico dos Mallos. O hostal que o Concello ofertaba dende o comezo da pandemia ás persoas que viven na rúa está completo, segundo aclara a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira. Ante as baixas temperaturas que está a provocar esta vaga de frío o Goberno local ve «moi necesario activar un dispositivo de frío». O servizo funcionará como mínimo ata as 9 da mañá do próximo luns.

Desde a concellería sinalan que no centro cívico municipal cumpriranse todas as medidas hixiénicas e de seguridade para evitar contaxios da Covid-19. Ademais, faráselles a todas as persoas que accedan un cribado básico de control da temperatura e sintomatoloxía do coronavirus. O servizo incluirá un espazo para pernocta e aseo, almorzo e cea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *