O BNG volve pedir o dragado da ría do Burgo

Compartir
Investidura: El BNG apoyará a Sánchez en la investidura, pero ...

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego vén de rexistrar unha iniciativa, en forma de pregunta escrita, para urxir o Goberno do Estado e a Xunta a desbloquear «o enésimo desencontro burocrático» que impide o desenvolvemento do proxecto «longamente postergado» para dragar a Ría do Burgo. O deputado do BNG no Congreso considera que o problema é «de falta dunha vontade política real» e que ambas as administracións dispoñen de instrumentos xurídicos na súa man para resolver un problema de trasfondo «meramente burocrático». 
O BNG considera que unha prohibición inmediata de toda actividade extractiva na ría prexudicaría seriamente os intereses dun sector xa de seu moi precarizado. Os nacionalistas defenden o mantemento da actividade marisqueira ata o comezo dos traballos de dragado. Piden ademais un plan de cobertura social para soster economicamente o sector durante os traballos de dragado. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *