O BNG pide recuperar enlaces en Alvedro

Compartir

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, amosou hoxe a súa “preocupación” pola decisión de Vueling de concentrar a súa oferta de voos con destino e orixe en Galicia no aeroporto de Lavacolla. “Estamos nun momento de recuperación de enlaces, sobre todo internacionais, en moitos aeroportos. Infelizmente iso non está a acontecer con Alvedro”, afirmou o portavoz nacionalista. En consecuencia, Jorquera emprazou ao Goberno Local a deseñar unha estratexia para Alvedro e recuperar enlaces, nomeadamente os internacionais.

Entre eles, o máis relevante é o de Heathrow, “non só para recuperar a conexión da nosa cidade e comarca con Londres, senón por se tratar dun hub [centro de conexión]que enlaza con múltiples destinos internacionais e ten unha importancia vital para o tecido empresarial radicado na comarca da Coruña”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *