O BNG leva a Pleno o caso de Diego Bello

Compartir

Coñecer cales son as accións do Goberno local para esclarecer os acontecementos que levaron á morte do mozo coruñés Diego Bello en Filipinas, a mans da policía daquel país, e como traballa pola depuración de responsabilidades deste suceso. Ese é o obxectivo da pregunta que o BNG fará en pleno o vindeiro xoves.

Francisco Jorquera, portavoz nacionalista, considera que o Goberno local ten que actuar «ante as autoridades competentes, para que fagan todas as xestións precisas e exerzan a máxima presión política» para depurar responsabilidades polo asasinato de Diego Bello. O BNG teme que o crime quede impune. Sinalan que «a presión política ten que ser especialmente intensa dado o carácter mafioso e ditatorial do réxime filipino». Jorquera recordou a actuación do presidente Rodrigo Duterte durante a crise do coronavirus cando animou á policía a matar ás persoas que se saltasen o confinamento.

O Goberno español informou no seu momento de que actualmente hai abertas catro liñas de investigación en Filipinas sobre o asasinato de Diego Bello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *