O BNG acusa á Xunta de electoralismo polo vídeo da Intermodal

Compartir
Unha imaxe do vídeo

O BNG anunciou que está a avaliar a posibilidade de levar ante a Xunta Electoral a campaña institucional da Xunta sobre a estación intermodal. O portavoz nacionalista Francisco Jorquera acusou ao executivo autonómico de estar «a utilizar recursos públicos, de todas as galegas e galegos» para facer «campaña ao PP» nun momento en que «xa están convocadas as eleccións».

«A Xunta, aínda gobernada polo PP, substitúe sistematicamente a realidade pola propaganda», asegurou Jorquera. O voceiro do BNG denunciou igualmente «a falta de compromisos reais coa cidade e coa comarca» que o PP estaría a a tratar de agochar «presentando maquetas da estación intermodal da Coruña, cando neste proxecto á Xunta só lle compete a construción da estación de autobuses e cando, após múltiples retrasos, a dotación prevista nos orzamentos da Xunta para 2020 para esta obra é raquítica». 

Os nacionalistas consideran que o PP xa actuou do mesmo modo no proxecto de ampliación do CHUAC. «Aí tamén presentou unha maqueta, unha cortina de fume sen financiamento e sen calendario de execución para tapar a realidade dos recortes en servizos básicos como a atención primaria, a realidade do desmantelamento de camas nos hospitais durante as ferias de verán ou a supresión de prazas de Xinecoloxía nos Centros de Orientación Familiar», sinalou Jorquera.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *