Notable baixada de casos de COVID-19 na área sanitaria

Compartir

A área sanitaria da Coruña baixou sesenta casos positivos nas últimas 24 horas, situándose en 904. Un dos dous últimos falecementos en toda Galicia foi o dunha muller de 90 anos en Culleredo. Neste momento, Galicia rexistra 4.203 casos activos de coronavirus. Ata agora, a pandemia acabou coa vida de 749 persoas na nosa comunidade.

Os bos datos na Coruña constrastan coa área sanitaria de Ourense, que medra en case 50 casos en 24 horas e sitúase nos 850. Estas cifras levaron a Xunta a anunciar esta mesma mañá a elevación das restricións na cidade, onde quedarán prohibidas as xuntanzas entre persoas non convivintes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *