O 8 de marzo enche as rúas

Compartir

Preto de 12.000 persoas participaron esta mañá na manifestación polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que percorreu as rúas da cidade entre o Obelisco e a praza de Tabacos.

Na marcha tomaron parte representantes públicos de varios partidos da corporación municipal. A alcaldesa, Inés Rey, dirixiuse aos medios para reclamar que «todos os días teñen que seguir sendo 8 de marzo porque a loita non termina aquí». A alcaldesa lembrou a programación municipal que continúa logo do día 8 para socializar as reivindicacións do feminismo.

Os obradoiros “Conversas para o cambio social” son unha actividade dirixida ao alumnado de secundaria. A idea é que sexan conscientes e “cheguen elas e eles mesmos á conclusión de que existen ambientes masculinizados e roles que están asumindo como normais”. Ademais, hai exposicións na Casa da Cultura Salvador de Madariaga e na Casa Museo Emilio Pardo Bazán; obras de teatro no Teatro Rosalía, Centro Ágora e Fórum Metropolitano; actividades como “As nosas guerreiras” en espazos de atención á infancia; charlas e mostras na rede de bibliotecas municipais e un ciclo de cine “Retallos de muller”, no Fórum Metropolitano.


Así mesmo, organizaranse exposicións de temática feminista nos centros cívicos e o 28 de marzo realizarase a segunda carreira e marcha solidaria “Querémonos vivas!”, en que se lle doará o recadado das inscricións a unha entidade que traballe en proxectos de investigación e de mellora a mulleres con patoloxías como o cancro de mama,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *