Morre un rapaz de 24 anos tras unha agresión no paseo marítimo de madrugada

Morre un rapaz de 24 anos tras unha agresión no paseo marítimo de madrugada
Compartir

A Delegación do Goberno en Galicia confirmou a morte dun home de 24 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña durante a mañá de hoxe, logo de ter sufrido unha agresión de madrugada -arredor das 3h- na área do paseo marítimo preto da avenida de Buenos Aires. Parece ser que o rapaz foi agredido na rúa e que non mediaron armas no suceso. Non hai detidos e polo momento parece que a liorta comezou de forma fortuita. A morte producíuse, á espera do que diga a autopsia, seguramente por golpes na cabeza.

A Policía Nacional está a investigar as cámaras da zona para identificar aos agresores.