Morre un paciente de coronavirus na Coruña

Compartir

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa dun falecemento no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña a causa do coronavirus COVID-19. Trátase dun varón, de 45 anos que tiña varias patoloxías previas.

Na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 239, dos cales 80 son da área da Coruña. En Lugo hai 16 casos, 28 en Ourense, 26 en Pontevedra, 46 en Vigo, 37 en Santiago, e 6 en Ferrol.

Do total de pacientes identificados como infectados por coronavirus, 9 permanecen na UCI e 49 están en unidades de hospitalización. Hai 181 persoas pasando a doenza do coronavirus no seu domicilio. Por outra banda, ata o momento houbo catro  altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e un total de tres falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.680.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *