Medio Ambiente recorda como desfacerse dos residuos dos enfermos de COVID-19

Medio Ambiente recorda como desfacerse dos residuos dos enfermos de COVID-19
Compartir

A Concellería de Medio Ambiente difunde nos 14 centros de saúde da cidade cartaces sobre a forma axeitada de tratar os residuos das persoas enfermas de COVID que están na casa para que, de xeito visual, as e os afectados e persoal coidador poidan asimilar rápido o procedemento. Segundo a edila, Esther Fontán, «estamos moi satisfeitas/os da boa acollida que están tendo por parte do persoal sanitario ao que xa se lle entregou; por iso non descartamos ir ampliando esta información sinxela e asequible a máis establecementos como farmacias ou supermercados».

O material gráfico vai acompañado dunha carta en que a concelleira, ademais de explicar os contidos e a finalidade dos cartaces, traslada o agradecemento e recoñecemento da alcaldesa, Inés Rey, e do seu equipo de Goberno ao importantísimo labor que se está a desenvolver nos centros de saúde na loita contra esta pandemia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *