Máscaras do Concello para axuda a domicilio

Compartir

A Concellería de Benestar Social repartiu entre as tres empresas adxudicatarias do servizo de axuda a domicilio -INGESÁN, FEPAS e CLECE- un total de 570 máscaras de media e alta eficacia así como un segundo lote delas de uso cirúrxico, 900 batas, 318 lentes protectoras, 316 pantallas e 61 traxes de protección para que as distribúan entre o persoal que asiste a veciñanza nas súas vivendas.

En concreto, INGESÁN puido entregarlles así ás e aos seus empregados 370 máscaras, 500 batas, 140 lentes, 180 pantallas e 34 traxes de protección, mentres que FEPAS repartiu entre o seu persoal até 150 máscaras, 300 batas, 106 lentes protectoras, 86 pantallas e 16 traxes de protección.

Por último, CLECE distribuíu un total de 50 máscaras, 100 batas, 72 lentes protectoras, 50 pantallas e 11 traxes para que as persoas auxiliares que atenden a poboación máis vulnerable nesta emerxencia sanitaria estea protexida. Aínda que son as firmas as que teñen a obriga legal de entregaren o material que garanta a seguridade dos seus e das súas traballadoras, o concello tratou de reforzalo con máis unidades ante o problema de desasbastecemento que está xerando a pandemia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *