Man dura cos estacionamentos indebidos

Compartir

A Policía Local retoma a partir de hoxe a campaña de control de estacionamentos indebidos, en que se fará especial fincapé naquelas infraccións que causen trastornos no funcionamento dos servizos públicos e nas que dificulten ou obstaculicen a circulación do resto das/dos usuarias/os. As patrullas realizarán un seguimento nas zonas en que máis se producen este tipo de comportamentos ao volante e, de maneira significativa, naqueles aparcamentos non permitidos, que dificultan a mobilidade de colectivos vulnerables.

Deste xeito, as/os axentes intensificarán o control sobre a dobre fila, en paradas de transporte público e enriba de beirarrúas e pasos peonís, así como nas prazas destinadas a carga e descarga, en que comprobarán tanto o tipo de vehículos que as utiliza como o tempo máximo, tal e como recolle a ordenanza municipal.

No referente á dobre fila, reforzarase este labor de control nas vías cualificadas como prioritarias e cuxas denuncias se realizarán a través das cámaras e medios de captación de imaxes instalados.

O obxectivo da campaña é tratar de garantir que a circulación e a mobilidade na cidade se desenvolvan nunhas condicións axeitadas de seguridade e fluidez, así como evitar, a través da prevención, e de corrixir, mediante a denuncia se for necesario, aquelas condutas que vulneren de modo flagrante a normativa vixente en materia de tráfico, circulación e seguridade viaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *