Leve suba de casos de COVID-19 na área sanitaria

Compartir

A área sanitaria da Coruña viviu nas últimas horas un pequeno incremento no número de casos activos de COVID-19, pasando de 101 a 105. No mesmo período de tempo, no conxunto de Galicia, a cifra de casos baixou de 476 a 465 casos. A maioría de casos actuais (184) pertencen á área de Vigo.

Ata agora, a pandemia deixou 619 mortos en Galicia, onde se recuperaron 10.356 persoas desta enfermidade. Neste momento permanecen 11 persoas ingresadas e 454 están a ser atendidas no domicilio. Fixéronse máis de 155.000 probas PCR entre a poboación para descartar a infección.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *