Karine colle o testemuño de Jorge

Compartir
Fotografía: MeteoGalicia

O tempo segue sen dar respiro. A Coruña despediu á borrasca Jorge pero queda baixo o efecto da súa sucesora Karine. A alerta laranxa por fenómenos costeiros continúa ata polo menos as 22h de hoxe, polo que a Policía Local reclama «sentidiño» á hora de circular por espazos en exteriores.

MeteoGalicia incide na perigosidade das zonas á beira do mar. Durante o día de hoxe e ata as 18h haberá mar combinada de noroeste con ondas de ata 6 metros. Durante o resto da xornada as ondas poden ser de 4 a 5 metros.

Case toda a semana que hoxe comeza será de choivas. Agárdase a alternancia de ceos cubertos con nubes e claros, sempre pasados por auga. As temperaturas non variarán do normal para a época, aínda que irán subindo moderadamente mínimas e máximas. Hoxe será o día máis frío, con mínimas de 6º e máximas de 11º. Martes e mércores serán días de ceo completamente anubrado e choiva constante.

A maior parte de España sentirá os efectos de Karine. Toda a cornisa cantábrica desde a provincia da Coruña está en alerta laranxa. Mañá comezará a afastarse a borrasca, pero as choivas e o mal estado do mar seguirán connosco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *