Novo carril provisional nos Cantóns

Compartir

Ás doce da mañá de hoxe quedaba completamente habilitado o carril provisional dos Cantóns, que vai desde A Mariña ata a praza de Mina, co fin de garantir que se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria para os paseos da veciñanza e as actividades deportivas permitidas.

Infraestruturas tamén deixou rematado onte o carril provisional co que se amplía o espazo peonil da rúa Manuel Murguía e da avenida da Habana. O obxectivo da habilitación desta senda na contorna do estadio de Riazor, explican desde esta área municipal, é evitar as aglomeracións.

Ademais, o carril provisional do Paseo Marítimo, que vai desde o monte de San Pedro ata o Dique de Abrigo, e que nun primeiro momento só se habilitaría durante as fins de semana, quedará implantado de forma permanente ata novo aviso. Así mesmo, a Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade está traballando na sinalización e na optimización deste carril.

A senda peonil que unirá Catro Camiños e Matogrande está sendo estudada polo persoal técnico municipal e prevese que se implante antes da fin de semana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *