Inés Rey visita o servizo de información 010

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, e o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, visitaron esta mañá as oficinas do servizo telefónico gratuíto do concello, 010, onde a rexedora destacou a importancia de que a cidadanía teña acceso a unha información veraz e inmediata. Neste tempo de confinamento, a demanda de datos sobre os efectos da pandemia supuxo un 70% do total das consultas. En concreto, o persoal atendeu en marzo a 47.389 chamadas, 5.249 máis con respecto ás que respondera en 2019. Na segunda quincena, cando se decretou o estado de alarma, o 010 contestou o teléfono 26.099 veces, 5.809 máis que nas dúas primeiras semanas en que se produciron 20.290 chamadas.

Segundo as cifras rexistradas desde o pasado 14 de marzo, as operadoras e operadores resolveron dúbidas sobre os desprazamentos que están autorizados; o servizo de voluntariado que se activou desde Benestar Social para comprar produtos de primeira necesidade; e os casos de emerxencia social, en que traballan CIM (Centro de Información da Muller), o servizo de canguraxe e o COF (Centro de Orientación Familiar). Outras cuestións que se repetiron foron as relacionadas coa necesidade de alimentos e o pago de alugueiros. Ademais, a cidadanía tamén solicitou información acerca de axudas como os comedores sociais e o talón restaurante, as bolsas de comedor ou como solicitar menús para recoller ou levar ao domicilio.

Tamén utilizaron o servizo para saber a que establecementos lles está permitido abrir e cales son os prazos do novo calendario fiscal para pagar impostos e taxas. Entre as chamadas máis frecuentes, encóntranse as referidas ao albergue habilitado no Pavillón de Deportes de Riazor; a doazón de máscaras e material sanitario; a suspensión da Zona ORA; a cancelación de espectáculos e o trámite para devolver o importe das entradas; os horarios de transporte urbano e metropolitano; e aclaracións sobre as distintas medidas sociais e económicas tomadas polo Goberno local para paliar os danos desta crise sanitaria.

A veciñanza tamén quixo informarse estes días sobre a apertura ou non de servizos dependentes do concello, do SEPE e da Seguridade Social e que trámites se poden realizar nas súas dependencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *