Inés Rey urxe á Xunta e Goberno a dragar con urxencia a ría do Burgo

Compartir

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe xunto ao edil de infraestruturas, Juan Diaz Villoslada, e a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, nunha reunión telemática coa Xunta de Galicia e co Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para abordar o proxecto «Dragado Ambiental de los sedimentos de la Ría de O Burgo (A Coruña)».

A alcaldesa esixe a licitación inmediata e a execución desta obra que cualificou  de esencial para recuperar o estuario pola súa riqueza medioambiental e por  suposto como espazo para recuperar a actividade marisqueira.

Critica que durante a cita se puxo en evidencia a  diferenza de  opinións entre as  administracións autonómica e central respecto a certificación da plena  dispoñibilidade dos  terreos  incluídos non  seu ámbito de actuación.

«Non poden pasar tres anos da declaración de impacto ambiental e que agora discutan por unha certificación de terreos que pode poñer en risco unha actuación fundamental para o medio ambiente e para o sector marisqueiro»,  apuntou a máxima responsable da  cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *