Inés Rey coordina o operativo para os vindeiros días con Benestar Social e forzas de seguridade

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, planificou esta mañá xunto coa concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, a coordinación para as próximas semanas dos distintos corpos de seguridade locais co fin de conseguir unha maior eficiencia nos seus traballos e darlles así unha mellor cobertura ás necesidades da cidadanía neste confinamento.

A rexedora estableceu o operativo da Policía Local no cuartel de Orillamar, así como os de Protección Civil e de Bombeiros nas súas respectivas bases para revisar punto por punto a forma en que se están resolvendo as situacións derivadas da crise e como se poden acadar resultados máis óptimos.

Deste xeito, recolleu as propostas dos colectivos que están na rúa e aos que lles agradeceu «o inmenso esforzo que están a realizar a diario para que a cidade estea controlada». Neste aspecto, explicoulles ás e aos profesionais os obxectivos para os próximos días de cara a manter esa seguridade. Ademais, o operativo inclúe a repartición de novos equipos de protección para as persoas que máis expostas están ao virus neste confinamento.

Por outra banda, a Policía Local intensificará durante a xornada de hoxe os controis na saída da cidade para evitar que a cidadanía incumpra a normativa decretada polo Estado e non acuda a segundas residencias durante o período da Semana Santa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *