Inaugurado o Centro municipal «Fernando Roade»

Inaugurado o Centro municipal «Fernando Roade»
Compartir

Este novo centro municipal difundirá a necesidade dun proceso de transición enerxética e ofrecerá unha merecida homenaxe a Fernando Roade, do que dende o Concello lembran que «foi a persoa que fixo posible que a nosa cidade se situase á vangarda, no que a protección do clima e promoción da enerxía sostible se refire, durante todo o tempo no que foi responsable da Área de Medio Ambiente».

Desde este centro levaranse a cabo actuacións contra o cambio climático e a redución das emisións do CO2 no municipio da Coruña. O acto contou coa colaboración da Axencia Estatal de Meteoroloxía, AEMET, coa que se realizará un traballo conxunto de investigación para o que todos os días se lanzará un globo meteorolóxico desde Bens co fin de recoller datos que permitirán realizar previsións máis precisas de todo o que está acontecendo respecto ao cambio climático. Ademais, a AEMET implantou un equipo de sondaxe automática para medir o aire en altura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *