Importante doazón de libros á Casa Museo Casares Quiroga

Compartir

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, inaugurou hoxe na Casa Museo Casares Quiroga da placa de agradecemento á familia Alvajar pola cesión, a través do Ateneo Republicano como anterior depositario, de preto de 3.000 libros, «documentos imprescindibles da historia de España, ensaios e republicanismo», apuntou o edil. Celemín explicou que a doazón permitirá que finalmente os fondos descansen «nun punto de referencia do republicanismo na cidade», que terá desde hoxe un valor engadido.

Pola súa parte, o representante familiar, Juan Pérez Alvajar, agradeceulle ao Concello a xestión que se iniciou en 2019 e que leva a que estes exemplares se depositen na que fora casa dun «insigne político republicano, que representa o período de España en que máis se fixo polo libro e a lectura, polo que non poden ter mellor destino». Sinalou que se trata dunha biblioteca concibida desde finais dos anos 60, e que inclúe toda a época do ‘boom’ do libro de ensaio, con referencias sobre a historia de España, a das ideas e mais das ciencias políticas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *