Galicia supera os 550 casos de coronavirus

Compartir

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe de que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567. Un total de 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos. O último falecido foi un varón de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte.

A Xunta asegura que «continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade». Di estar «mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *