Fernando Vázquez, contra o ‘pin parental’

Compartir
Fernando Vázquez na última rolda de prensa do RC Deportivo. Fotografía: RC Deportivo.

O adestrador do RC Deportivo Fernando Vázquez foi o protagonista dunha entrevista en Radio Marca na mañá de hoxe na que deixou ben clara a súa opinión sobre a polémica medida denominada pin ou veto parental aplicada polo Goberno da Rexión de Murcia. O técnico deportivista referiuse á medida como «unha merda» e chamou á confianza no profesorado, «o máis bonito que pode ter un país» e un colectivo que non debe ser «sempre posto en dúbida».

Vázquez está a ser unha das estrelas da tempada, logo de ter conseguido devolver a ilusión ao terreo de xogo e ás gradas do Deportivo. O técnico, que é ademais docente, posiciónase así no debate social aberto arredor dunha medida coa que se pretende impedir a participación de alumnado en actividades académicas complementarias cuxos contidos non concorden coas conviccións morais dos seus pais e nais, abrindo a porta á posibilidade de censura de contidos educativos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *