Esixen á Xunta «protexer» os bens do Pazo de Meirás

Compartir

Asociacións de memoria histórica e investigadores de toda Galicia e colectivos veciñais da Coruña pedirán nun escrito á Consellería de Cultura que inicie de maneira urxente o trámite para incorporar á declaración BIC do Pazo de Meirás, de 2008, “bens móbeis tanto do interior das edificacións como os exteriores”. As entidades pretenden que coa publicación do catálogo de bens no Diario Oficial de Galicia, estes queden asociados o BIC e protexidos “de acordo co dispostos no art. 16 da lei de patrimonio cultural ” e evitar así a retirada dos mesmos por parte dos Franco.

“Se de verdade hai vontade, como di o conselleiro [en referencia a Román Rodríguez, responsable de Cultura], de evitar esa foto dos Franco sacando os bens de Meirás, unha foto indigna para calquera democracia e evidencia da impunidade da que gozan aínda hoxe, a Xunta ten na súa man actuar”, explicou Carlos Babío, un dos portavoces da Iniciativa Defende Meirás, esta mañá durante unha rolda de prensa en Sada na que, xunto a representantes de entidades de memoria tamén participou o alcalde de Sada, Benito Portela.

“Do que se trata é de que a Xunta incoe a ampliación da declaración BIC do Pazo incorporando os bens móbeis que xa ten catalogados. A Xunta ten todos os elementos para facelo. E a incoación, enviada ao DOG para publicar xa o martes, suporía que todos eses móbeis catalogados gocen de protección BIC”, insistiu Babío.

Benito Portela, alcalde de Sada, lembrou que o Concello de Sada presentou dous recursos para frear a retirada de bens por parte dos Franco e, advertiu, “de momento logramos unha suspensión, mais non podemos perder o tempo. Ten que servir para que se tomen as medidas necesarias e se evite o espolio”. Portela agradeceu o traballo das entidades de memoria e pediu que “as Administración volvamos ir todas da man, como se fixo antes, para garantir a titularidade pública do Pazo e dos bens que contén”.

A Iniciativa Defende Meirás avanzou que o próximo 19 de xuño convocará unha mobilización cívica en Meirás, e seguirá insistindo na inmediata apertura do Pazo ao público tal e como se comprometeu o Goberno do Estado

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *