Denunciado por voar un dron dentro do espazo aéreo controlado do aeroporto de Alvedro

Compartir

O Equipo PEGASO da Comandancia da Coruña denunciou hoxe a un home de 41 anos e veciño da cidade que levou a cabo numerosos voos cun dron no interior do espazo aéreo controlado do aeroporto de Alvedro.  Estas infraccións tiveron lugar xa dende a fase 0 do confinamento, e o aparato chegou a voar a 350 metros de altura e a case un quilómetro do piloto, unha «actitude neglixente» segundo o corpo de seguridade, xa que nesa altitude xa circulan aeronaves tripuladas nas proximidades do aeroporto. A lexislación impide que o drone supere os 120 metros de altitude ou que o piloto o perda de vista. O denunciado non dispón de licenza nin cumpre cos requisitios obrigatorios ditados pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

O espazo aéreo controlado esténdese ata oito quilómetros de radio dende o eixo da pista do aérodromo e outros seis na prolongación das cabeceiras. Isto inclúe todo o concello da Coruña e limítrofes, onde o uso recreativo de drones está prohibida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *