Doazón de equipo do Concello ao CHUAC

Compartir

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade fixo onte unha doazón de equipos de protección individual para os e as profesionais do CHUAC. Desde o inicio do estado de emerxencia, distintas empresas fixeron chegar á concellería non só o seu desexo de contribuír de modo activo a todo tipo de actuacións que axuden a paliar esta pandemia, senón que tamén entregaron diferente material destinado ao persoal traballador que está en primeira liña da loita contra o COVID19.

Un técnico da Concellería de Medio Ambiente achegouse ao CHUAC para lles entregar 300 traxes de protección de diferentes talles para os usar o persoal sanitario e de 500 pantallas de protección. Deste xeito, a concellería quixo compartir «a xenerosidade da que foi obxecto con aqueles profesionais que están en primeira liña da fronte de batalla contra o virus».

A concellería tamén repartiu entre as empresas concesionarias dos servizos esenciais dependentes de Medio Ambiente máscaras, luvas e pantallas o venres pasado, que proviñan directamente de Alcaldía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *