Críticas do PP á situación no deporte

Compartir

O PP esixiu onte ao Goberno local que garanta a continuidade dos traballadores do Servizo de Actividades Deportivas, os 37 traballadores da empresa Amartya Servicios SL, logo do 30 de xuño. Fíxoo durante a Comisión municipal de Deportes que preside o concelleiro popular Roberto García.

Estes traballadores afrontan a sombra do despedimento dende hai varias semanas por non terse licitado un contrato malia o vencemento do anterior, prorrogado aa o 30 de xuño, o pasado mes de decembro. O PP sinala que o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, non ofreceu ningunha solución durante a comisión. Roberto García convocará unha nova comisión dentro dunha semana, con urxencia, para tomar unha decisión sobre este asunto.

Protocolo de uso das instalacións
O PP fíxose eco tamén das «múltiples dúbidas» que esperta o protocolo de uso das instalacións deportivas que o Concello remitiu o pasado día 3 ás asociacións e clubs locais. A Comisión de Deportes reclamou «un documento que estableza criterios claros e comúns» que resolva as dúbidas das entidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *