Críticas á precariedade do persoal do SERGAS

Compartir

O BNG criticou hoxe a vulneración dos dereitos laborais dos traballadores do SERGAS. A número 3 da lista electoral provincial ao Parlamento Galego, Mercedes Queixas, reuniuse con persoal da sanidade pública afectado polo incumprimento do pacto de contratación ao que se comprometeu o SERGAS para facer fronte á pandemia da COVID-19.

«Fixéronnos chegar a súa fonda preocupación e inquietude», resume a reunión Mercedes Queixas, quen estivo acompañada pola concelleira Avia Veira. A candidata destacou «a vulneración dos dereitos laborais destas traballadoras». «Este colectivo estivo a traballar en primeira liña durante toda a pandemia e fíxoo con todas as incertezas, tamén con todas as inseguridades», engadiu.
O BNG considera que a crise do coronavirus demostra a necesidade de «investir máis na sanidade pública» e «coidar moito máis as sanitarias e os sanitarios porque coidalas a elas e a eles é tanto como coidar a nosa propia saúde».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *