COVID-19 en Galicia: 1.832 casos confirmados

Compartir

A Consellería de Sanidade actualizou esta mañá as cifras coñecidas sobre a expansión do coronavirus COVID-19 por Galicia. O número de casos confirmados sitúase nos 1.832, o que supón un incremento de 234 casos fronte aos do día anterior. Na Coruña son 438 as persoas afectadas, por detrás de Vigo, con 462, que é agora mesmo a área máis afectada. Santiago rexistra 302, por 231 en Ourense, 222 en Pontevedra, , 128 en Lugo e 49 en Ferrol.


Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de
hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos. As últimas persoas falecidas eran homes de 63, 74 e 87 anos con patoloxías previas. Un deles finou en Ourense, outro en Pontevedra, en Santiago de Compostela e Ferrol.

Fixéronse 8.805 probas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *