Coruña rexistra 43 casos de coronavirus

Compartir

A área da Coruña reúne case a metade dos positivos confirmados de contaxio polo coronavirus COVID-19 en Galicia, cun total de 43 casos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de 4 casos na área da de Lugo, 10 na de Ourense, 9 na de Pontevedra e 15 da área de Vigo, por 8 da de Santiago e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 permanecen en UCI, 20 están en unidades de hospitalización e 64 nos seus domicilios. O Sergas levou a cabo 784 comprobacións.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Dende hoxe, o Sergas pon a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es) con información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade remítese ás recomendacións consensuadas entre os gobernos central e autonómicos. En liñas xerais, aconsellan adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria como a gripe. Lembran que é preciso extremar a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *