Convocadas as axudas a entidades veciñais de 2020

Compartir

O Concello informou hoxe da publicación no BOP das convocatorias de concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva de apoio económico ás entidades veciñais en 2020. O Goberno local salienta que a convocatoria reflicte o seu «esforzo» para «tentar paliar as dificultades ocasionadas pola crise sanitaria».

Entre as novidades desta convocatoria, salienta o aumento das contías. Estas medran ata 60.000 euros fronte aos 40.000 de 2019. No caso da liña para gastos, a contía pasa de 10.000 a 25.000 euros. No caso da liña para actividades, a contía pasa de 30.000 a 35.000 euros. Ademais, eliminan os límites máximos das contías que unha entidade pode obter, de xeito que hai entidades que poderían recibir ata o 100% da axuda solicitada. En canto ao pagamento anticipado da subvención concedida, e co fin de contribuír á cobertura inmediata dos gastos, medra ata o 98%.

Dúas liñas
O Concello convoca en total dúas liñas de axudas. A primeira para subvencionar programas, proxectos e actividades desenvolvidas polas asociacións veciñais, financiando tamén programas e metodoloxías de participación cidadá» que faciliten a apertura de procesos participativos». En canto á segunda, diríxese a apoiar economicamente o funcionamento das entidades veciñais que non dispoñen dun local municipal cedido. Esta poderá destinarse a gastos xerais de funcionamento, alugueiro de locais, subministracións de enerxía, teléfono e outros gastos.

Ambas as subvencións son compatibles, sempre que se cumpran os requisitos, e cobren os gastos executados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro  de 2020. O último día para presentar as solicitudes é o 8 de xullo de 2020. A presentación farase exclusivamente a través da sede electrónica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *