Clases suspendidas en Galicia

Compartir

A Xunta de Galicia vén de decidir o peche de aulas na comunidade para previr o contaxio por coronavirus. A partir do vindeiro luns, día 16, os centros educativos de todos os niveis permanecerán pechados ata nova orde. Durante a xornada de mañá, venres 13, será decisión dos pais a asistencia dos alumnos.

O Concello, pola súa banda, suspendeu a xuntanza da concelleira Esther Fontán coa directiva de empresarios do polígono de Pocomaco, prevista para hoxe ás 12:30h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *