Cincocentos anos da visita de Carlos I

Compartir

A sala de exposicións municipal Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10) abre o público desde mañá a exposición ‘V Centenario de Carlos I na Coruña’, organizada pola Sociedade Filatélica e o Concello da Coruña e que permanecerá aberta ata o 29 de novembro, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas todos os días.

Deste xeito, a tradicional mostra da Sociedade Filatélica en outono volve ter como motivo central unha efeméride coruñesa, neste caso a presenza de Carlos I na cidade, da que partiu rumbo a Flandes en 1520, saíndo desde a porta do Parrote. O monarca viña de Compostela, onde negou representación propia a Galicia nas Cortes, e viaxou ata a Coruña, á que lle concedeu permiso para celebrar un mercado franco os sábados, fundamental actividade económica na época.

Na mostra expóñense 24 coleccións e pódense tamén contemplar vitrinas con documentos e moedas acuñadas nos principais dominios do primeiro dos Habsburgos españois. A mostra, así mesmo, contará co seu propio mataselos.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, a exposición «concorda coa nosa intención de difundir e poner en valor a historia e o patrimonio da cidade, unha liña de actuación cultural que desexamos converter en prioritaria».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *