Chegan 700.000 mascarillas a Galicia

Compartir

A Xunta anuncia a chegada a Galicia do primeiro envío de máscaras. É un lote de 700.000 unidades, algunhas -500.000- adquiridas polo Goberno autonómico, e outras procedentes de doazóns. Destas últimas, 100.000 son achegadas por Inditex e outras 100.000 polo Grupo Caamaño. A partir de hoxe, a Xunta prevé ir recibindo os envíos dos restantes lotes adquiridos a distintos proveedores. O material foi entregado polo proveedor na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situado en Negreira, e dende alí será distribuído a toda a comunidade.


A Consellería de Sanidade procederá a distribuír este material de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *