Chega á Coruña un servizo de taxi que permite mascotas

Compartir

Chega á Coruña o Taxiguau, un servizo de transporte en taxi que admite mascostas sen cargo adicional. Este transporte accesible para cans e outros animais comezará a operar na cidade dende hoxe con dous vehículos, logo de funcionar xa en Vigo.

A empresa conta cun equipo de taxistas «especializados e concienciados co mundo animal» para facilitar o transporte dos propietarios de mascotas. Traballan con taxis oficiais, especialmente equipados para circular con animais nas mellores condicións. O servizo xa funciona, ademais de na Coruña e Vigo, en Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Valencia, Bilbao ou Granada, entre outros puntos de España.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *