Cae unha rede de estafas de venda a domicilio na contorna da Coruña

Compartir

A Garda Civil de Arteixo detivo nas últimas horas a cinco persoas integrantes dun grupo criminal especializado nas estafas mediante produtos de venda a domicilio. Os arrestos producíronse no marco da Operación Yayos, logo de que se pór en coñecemento do corpo de seguridade unha estafa denunciada pola directora dunha sucursal bancaria. Segundo informou esta persoa, unha clienta de avanzada idade acudira ao banco dúas veces para retirar grandes sumas de diñeiro, cartos que entregaba a outra persoa que a acompañaba.

Durante a investigación descubriuse a existencia doutras posibles vítimas de estafa. A Garda Civil tirou do fío ata dar cos responsables. Este grupo de cinco persoas. das cales catro traballaran para unha empresa de venda a domicilio, cometeran polo menos 10 estafas máis. O modus operandi consistía en localizar, grazas á axenda de contactos da súa antiga empresa, persoas maiores, que vivisen soas e tivesen deterioradas as facultades de comprensión. Aparecían no domicilio da xente así identificada e comunicaban que non aboaran o importe do artigo que adquiriran coa empresa, e procedían cun segundo cobro do mesmo produto ao nome da súa nova empresa creada con esta fin. Outro modus operandi era facer a entrega de produtos que aseguraban que a persoa estafada adquirira e non podían ser devoltos. Estes produtos eran proporcionados a un prezo moito maior que o de mercado, cobrándoos no lugar en metálico ou mediante financiamento. Chegaban a acompañar á vítima á sucursal bancaria.

Durante o rexistro das dúas empresas creadas polos cinco detidos foron atopados 9 contratos asinados de venda de produtos financiados, algúns deles con importes de financiación superiores ao de venda que recollía o propio contrato.

Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña. A operación continúa aberta por se houbese novos casos non coñecidos.



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *